XOSÉ LASTRA MURUAIS GAÑA O XLVII PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DE VILALBA CON “LOUREIRO”

O Concello de Vilalba vén de facer público o fallo do xurado do XLVII Certame Literario

O Concello de Vilalba vén de facer público o fallo do xurado do XLVII Certame Literario do que resultou gañador Xosé Lastra Muruais, coa obra “Loureiro”.

Sobre o autor:
Tras unha vida dedicada á ensinanza, Lastra está agora xubilado e reside en Ortigueira. É membro fundador do grupo Avantar e de Nova Escola Galega. Ademais de ser coautor e coordinador dos dous modelos de normalización lingüística para o ensino publicados por NEG (Nova Escola Galega) e membro da Coordinadora e da Mesa estatal de Movementos de Renovación Pedagóxica.
Doutra banda, é coordinador e coautor de diferentes materiais relacionados coa lingua galega, coas ciencias sociais e naturais ou coa súa didáctica no ensino: Dicionario Xerais da Lingua; as series O Noso Galego, Canles, Ámote, mundo!, Nobelos de papel, Labia, Lingua, Os libros de Merlín ou a Colección Merlín de literatura infantil.