O CONCELLO DE VILALBA HABILITA UN NOVO ESPAZO PARA O LECER E O DESCANSO NA PRAZA DO CRUCEIRO, DENTRO DO PROXECTO DE REFORMA E HUMANIZACIÓN INTEGRAL DAS RÚAS CALVARIO E DOS PEPES
Vilalba, 13 de xaneiro de agosto de 2020. Os veciños e veciñas de Vilalba contan cun novo espazo para o lecer e o descanso na praza do Cruceiro, ao rematar o concello os traballos dunha actuación incluida no proxecto para a reforma e humanización integral das rúas Calvario e dos Pepes.
Neste espazo, ata o de agora utilizado en moitas ocasións para o estacionamento de vehículos, poderán xogar os nenos e nenas ou descansar os veciños que así o desexen nos bancos instalados.
O proxecto integral de reforma das rúas Calvario e dos Pepes inclúe actuacións no abastecemento, o alumeado, o pavimento ou mobiliario urbano.
A zona terá amplios espazos de prefencia peonil e unha nova rede de abastecemento de auga, cambiando as canalizacións, as acometidas das vivendas e as bocas de rego e incendios.
Renovarase tamén a rede de alumeado e na rúa dos Pepes o concello aposta por luminarias ornamentais cun elevado valor estético. Toda a contorna contará con bancos de descanso, papeleiras, sinalización e alcorques.
Por último, a actuación inclúe un novo pavimento para as dúas rúas, que no caso dos Pepes será de adoquín. “Unha reforma integral que humanizará a zona, dándolle protagonismo as persoas e renovando todos os servizos”, afirma Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas.