O CONCELLO DE VILALBA PINTA E SINALIZA O VIAL QUE UNE A ZONA DE CORVITE, NO CENTRO URBANO, COA PARROQUIA DE ROMÁN
Vilalba, 12 de novembro de 2020. O Concello de Vilalba rematou os traballos de pintado e sinalización do vial que une a zona de Corvite, no casco urbano, coa parroquia de Román.
Os traballos, orzamentados en 5.000 euros, desenvolvéronse ao longo dos 6,5 quilómetros do vial, mellorando a seguridade viaria de vehículos e peóns.
Trátase dunha estrada moi transitada, xa que pasa ademais por Goiriz e enlaza con outra pista desta parroquia, renovada tamén recentemente polo concello.
“Agora toda esa zona está renovada, con aglomerado quente e sinalización, dando resposta ás demandas veciñais e mellorando a seguridade viaria”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas.
Os traballos forman parte do plan de rexeneración e seguridade das pistas postos en marcha polo grupo de goberno do concello en todo o municipio.