O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a vindeira regulación do tráfico na Rúa Basanta Silva a fin de que sexa realmente peoníl. Unha agardada medida, que se fará efectiva no primeiro trimestre de 2025 e que se tomou logo de contrastar cos/as residentes as diferentes posibilidades para a rúa.
A través dunha concorrida xuntanza, o Vicealcalde tivo a oportunidade de recoller de primeira man as demandas e o punto de vista dos seus veciños/as e confirmar que a #unanimidade en torno á posta en marcha de mecanismos de #control do tráfico rodado é total entre o conxunto dos/as residentes.
A instalación dun novo bolardo electrónico que se poida subir e baixar con mandos de control que se repartirían entre os residentes foi a opción máis analizada na reunión, aínda que non se descartan outras fórmulas de disuasión.
A habilitación dun novo horario ben acotado de carga/descarga no que os mecanismos de control se desactiven ou a resposta dos mesmos no caso de emerxencias, foron outros dos puntos a tratar que máis suscitaron o interese da veciñanza.
Renda, que puxo en valor o fundamental deste tipo de reunións,agradeceu a grande receptividade dos e daa residentes e reiterou o compromiso do Concello de dar a palabra á veciñanza diante das cuestións que lles afectan.