O CONCELLO ANUNCIA O PRAZO DE SOLICITUDE E RENOVACIÓN DE PRAZA NO SERVIZO DE MADRUGADORES

As familias interesadas poderán presentar a documentación entre o 20 e o 30 de xuño no Rexistro Xeral da Casa Consistorial ou a través da sede electrónica

O Concello vén de anunciar que o vindeiro xoves, 20 de xuño, abre o prazo para a solicitude de praza ou renovación no Servizo de Madrugadores para o curso 2024-2025.

O número total de prazas dispoñibles será de 60, de tal forma que se repartirán en 20 en cada un dos tres centros educativos nos que se presta o servizo: CEIP Mato Vizoso, CEIP Insua Bermúdez, Escola de Educación Infantil de Vilalba.

As familias interesadas no servizo poderán presentar a solicitude correspondente (renovación ou alta) no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica ata o vindeiro 30 de xuño, incluído.