O Vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, e as concelleiras de Cultura e Turismo, Tamara Rodriguez e Mª Xosé Fernández, presentaron hoxe a programación de primaveira e verán da iniciativa Emprazadas.
Unha decidida e ambiciosa aposta cultural para o Centro Histórico, que naceu complementaria do “Plan de Posta en Valor da Praza de Santa María».
En total, serán 5 espectáculos e concertos de grupos e solistas galegos que mostrarán a súa arte con propostas gratuítas e para todos os públicos e que se celebrarán en sábado e domingo entre os días 12 de maio e 3 de agosto.
Para a Concelleira de Cultura, Tamara Rodríguez, a iniciativa parte dunha “total aposta municipal pola zona vella” que pretende recuperar a Praza de Santa María como o “epicentro da vida cultural e social” en beneficio dos veciños/as, así como de comerciantes e hostaleiros do centro histórico.
PROGRAMA
12/05 – Isaura e tristán contahistorias
29/06 – Concerto de Silvia Penide
06/07 – Concerto de Tiam gz
20/07 – Espectáculo Mago Rafa
03/08 – Concerto de Catuxa Salom