Urbanismo

QUE FACEMOS

As competencias da área de Urbanismo son o planeamento, xestión, execución e disciplina urbanística; a protección e xestión do Patrimonio histórico; a promoción e xestión da vivenda de protección pública con criterios de sustentabilidade financeira e a conservación e rehabilitación da edificación. 

 

OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL URBANISMO

A Oficina Técnica de Urbanismo e Rehabilitación municipal está ao servizo dos cidadáns para resolver calquera tipo de dúbida relacionada co urbanismo, a execución de proxectos de edificación ou o ordenamento. É este departamento o encargado de informar acerca dos permisos para a execución de obras particulares en todo o termo municipal.

Xestións que leva a cabo
  • Asesora e informa ao público das actuación que contempla o Plan de Vivenda que esté vixente.
  • Tramita os expedientes e asesora no seguimento técnico de obras do Plan de Vivenda, sen suplir o oficio de dirección de obra.
  • Realiza as visitas técnicas que se estimen oportunas nas actuacións de rehabilitación con axudas autonómicas ou estatais, sen suplir o oficio de dirección e obra
  • Supervisa os orzamentos.
  • Colabora e coordina as accións e programas que desenvolve a Oficina cos departamentos municipais implicados.
  • Informa doutras actuacións subvencionables.
  • Asesoramento Técnico construtivo en aspectos que melloren as condicións de habitabilidade, funcionalidade e seguridade da vivenda.

OUTRAS SECCIÓNS DA MESMA ÁREA DE GOBERNO

CONTACTO

Concelleiro

Modesto Renda Santiso

Email: modesto.renda@vilalba.es