Urbanismo, Mobilidade, Infraestructuras Rurais e Desenvolvemento Industrial

ACTUALIDADE

20
Mar
2025
O CONCELLO MELLORA O VIAL DE ACCESO AOS BARRIOS DA BOUZA E LOURIXE, NA PARROQUIA DE NETE
O Vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, anunciou hoxe o remate das obras de mantemento e mellora do vial de acceso á Bouza/Lourixe, na parroquia de...
10
Mar
2025
MODESTO RENDA ANUNCIA EN ROMÁN QUE O CONCELLO REXENERARÁ POR COMPLETO O VIAL DE ACCESO A SEIVANE
O Concello rexenerará ao completo o vial de acceso o barrio de Seivane. O Vicealcalde Modesto Renda anuncioullo á veciñanza de Román, a través dunha...
6
Mar
2025
O CONCELLO REMATA AS OBRAS DE MELLORA DO VIAL QUE UNE O BARRIO DE AGADÍN E A GRANDA NA PARROQUIA DE OLEIROS
O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a renovación e mellora dun novo vial na parroquia de Oleiros. Máis concretamente, trátase do tramo que comunica o...
28
Feb
2025
O CONCELLO REXENERA POR COMPLETO O VIAL QUE UNE CAL DA PENA, VILARIZ E O CARBOEIRO EN OLEIROS
O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a renovación do vial que une o Cal da Pena, Vilariz e o Carboeiro, na parroquia de Oleiros. O...
20
Feb
2025
O ONCELLO PUBLICA AS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA REHABILITACIÓN NA ZONA ARI CUN TOTAL DE 450.364 EUROS PARA REHABILITAR
O Vicealcalde e responsable de Urbanismo Modesto Renda anunciou a publicación das bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a Área de Rehabilitación Integral (ARI)....
18
Feb
2025
O CONCELLO REXENERA POR COMPLETO O VIAL DE ACCESO A CARTEMIL, QUE UNE RIOAVESO E ROMAN
O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe o remate dos traballos de rexeneración completa da estrada que lle dá acceso ao barrio de Cartemil. O vial,...

QUE FACEMOS

URBANISMO

As competencias da área de Urbanismo son o planeamento, xestión, execución e disciplina urbanística; a protección e xestión do Patrimonio histórico; a promoción e xestión da vivenda de protección pública con criterios de sustentabilidade financeira e a conservación e rehabilitación da edificación. 

OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL URBANISMO

A Oficina Técnica de Urbanismo e Rehabilitación municipal está ao servizo dos cidadáns para resolver calquera tipo de dúbida relacionada co urbanismo, a execución de proxectos de edificación ou o ordenamento. É este departamento o encargado de informar acerca dos permisos para a execución de obras particulares en todo o termo municipal.

Xestións que leva a cabo
  • Asesora e informa ao público das actuación que contempla o Plan de Vivenda que esté vixente.
  • Tramita os expedientes e asesora no seguimento técnico de obras do Plan de Vivenda, sen suplir o oficio de dirección de obra.
  • Realiza as visitas técnicas que se estimen oportunas nas actuacións de rehabilitación con axudas autonómicas ou estatais, sen suplir o oficio de dirección e obra
  • Supervisa os orzamentos.
  • Colabora e coordina as accións e programas que desenvolve a Oficina cos departamentos municipais implicados.
  • Informa doutras actuacións subvencionables.
  • Asesoramento Técnico construtivo en aspectos que melloren as condicións de habitabilidade, funcionalidade e seguridade da vivenda.

MOBILIDADE

As competencias da área de mobilidade comprenden as seguintes funcións: A regulación do tráfico e do estacionamento de vehículos.

 

INFRAESTRUCTURAS RURAIS

O obxectivo desta área é garantir a extensión das redes de infraestruturas de servizos básicos a todos os núcleos e agrupacións de vivendas nas parroquias. O noso compromiso é que toda a cidadanía de Vilalba poida acceder aos mesmos servizos públicos con independencia do seu lugar concreto de residencia, cun reparto equitativo do investimento municipal.

 

DESENVOLVEMENTO INDUSTRIAL

As atribucións da área de Desenvolvemento Industrial son o planeamento, a xestión e, no seu caso, o incremento das marxes do chan de uso industrial no termo municipal.