Residuos Urbanos

QUE FACEMOS

O Concello de Vilalba, a través do contrato en réxime de concesión administrativa de xestión do servizo de limpeza, recollida domiciliaria de lixo, subministro-distribución e mantemento de recipientes normalizados e transporte de residuos do Concello de Vilalba, que tén coa empresa URBASER SA dende o 29/09/2000, dá cumprimento ás obrigas que lle corresponden segundo o establecido na Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, a Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia, entre outras, sobre medio ambiente e especialmente co disposto no convenio de adhesión do Concello de Vilalba ó convenio marco que a Xunta de Galicia ten asinado coa empresa ECOEMBES SA, sociedade anónima sen ánimo de lucro, constituída para dar cumprimento ás obrigas das súas empresas adheridas baixo a Lei de envases, garantindo no ámbito da CC.AA. de Galicia o cumprimento dos obxectivos de reciclado, valorización, etc.

Para iso, o largo destes anos, foise distribuindo e ampliando periódicamente a dotación de colectores tendo actualmente un total de 1375 colectores verdes para orgánicos, 133 amarelos de 800 litros para envases de plástico, latas e bricks, 70 azuis para papel e cartón e outros 47 para vidro.

O citado convenio marco, ten por obxecto regular a participación da C.A. e das Entidades Locais no sistema integrado de xestión de residuos de envases e envases empregados de Ecoembes en Galicia.

A empresa URBASER encárgase da recollida dos residuos sólidos urbanos (vidro, envases de plástico, latas e bricks e residuos orgánicos) e trasládaos á ecoplanta que a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) ten na cidade de Lugo, desde onde se traslada á central que a dita sociedade ten en Cerceda (A Coruña).

Con SOGAMA asinouse un acordo o 24 de setembro de 2.001, mediante o cal se fai cargo da xestión do sistema integral de xestión de residuos sólidos urbános.

Todo o anterior levounos a conseguir xa hai tempo o peche e selado do vertedoiro da “Legua Dereita”.

Actualmente, a empresa Ambigal 360 é a encargada da recollida dos colectores selectivos de papel e cartón no concello, con periodicidade semanal e tamén, da recollida porta a porta de cartón nos comercios locales adheridos a dito servicio; iniciativa que comenzou en outubro do 2017 e que está tendo moi boa acollida por parte dos cidadáns dado o aumento do reciclaxe deste residuo nun 30% no que vai de ano en referencia co anterior.

RUIDOS

Estudos médicos e científicos, demostraron que o “ruído” é a causa dalgunhas enfermidades psíquico-físicas.

A ordenanza municipal, sensible a esta forma de contaminación, articulou no seu Libro I, Título I, artigos 5º ó 17º a intervención municipal, diferenciando os niveis máximos en decibelios, tanto en horario diúrno (de 8 a 22 h) coma no resto do horario, considerado nocturno.

Tamén diferencia o nivel de ruídos transmitidos desde o exterior a diferentes establecementos como poden ser centros médicos, relixiosos, hospedaxes e viceversa.

ESPARCEMENTO

Non debemos pensar que o medio ambente é só unha carga, unha tarefa inacabable, senón máis ben para o noso disfrute personal. Para iso o concello acometeu varias obras, entre as que podemos subliñar as seguintes:

  • Paseo Fluvial de Vilalba, que vai dende a Praia Fluvial de Vilalba ata o “Muiño do Rañego”. Está en proxecto que sexa ampliado desde a Praia Fluvial ata “A Ponte dos Freires”, situada na estrada Vilalba-Ferrol.
  • O acondicionamento da “Charca do Alligal”, situada na parroquia de Codesido, coñecida en toda a comarca polas súas augas medicinais.
  • Acondicionamento do Camiño de Santiago, especialmente en: “A Ponte de Martiñán”, “A Ponte Rodriguez” e “A Ponte de Saa”.
  • Acondicionamento da “Ruta do Monseiváne”, monte singular do noso municipio, desde onde se pode apreciar toda a extensión da comarca da “Terra Chá”.
AUGAS

A auga, fonte e sustento da vida, e o ben máis prezado da humanidade e a pesar de que as 2/3 partes do planeta está cuberto dela, só o 1% é potable.

A empresa responsable da xestión da auga e rede de sumidoiros de Vilalba é ESPINA & DELFIN, con oficina de atención ó público na rúa Campo de Puente, 85, de Vilalba. Teléfono: 982 512546.

A súa potabilización para o casco urbano de Vilalba realízase en dous puntos:

  • Na presa de Pardasalvas, a cal só necesita cloro para a súa potabilización, que dende alí baixa ós depósitos de Lanzós, para chegar ata a localidade de modo subterráneo.
  • Depuración e `potabilización da auga nas “Cañotas”, en Lanzós, desde onde tamén se traslada ós depósitos de Lanzós.

Durante o ano 2.003, subministráronse a Vilalba un total de 581.671 metros cúbicos de auga.

Para a depuración das augas utilizadas, o Concello dispón de dúas estacións depuradoras. Unha delas é xestionada pola empresa “Leche de Galicia”, situada no barrio de Sancovade, empregada para o seu uso exclusivo, e a outra na saída de Vilalba cara a Baamonde, a cal se encarga de recepcionar os vertidos que chegan a través dos sumidoiros.

O 21 de maio de 2.001 asinouse o convenio de colaboración entre a consellería de M.A. da Xunta de Galicia e o Concello de Vilalba, para a creación dun Punto Limpo.

O punto limpo, creouse para dar cabida ós R.S.U. que non se poidan depositar nos colectores habituais, ben polo seu volume, ben pola súa composición química, ben porque necesitan dunha manipulación previa á súa reciclaxe, como poden ser: pilas, aceites, colchóns, envases grandes, electrodomésticos, fluorescentes, pinturas, medicamentos (nas farmacias nembargantes, recóllense refugallos en pouca cantidade, etc.

Os obxetivos principales desta instalación son:

  • Recuperar os materiais depositados polos usuarios para o seu reciclaxe, como o papel, vidro, metáis, férricos, madeiras, plásticos, RAEE, etc.
  • Evitar o vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos como mobres ou electrodomésticos.
  • Separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente como os plásticos, voluminosos, pilas, pinturas, etc.

O Punto Limpo de Vilalba está emprazado no Parque Empresarial Sete Pontes do concello e o seu horario de atención ó publico é de 16 a 20 h de luns a venres e os sábados de 10 a 14 h.

As coordenadas UTM citanse a continuación:

  • LATITUDE:         43º18´41,88´´ N
  • LONXITUDE:       7º 40´ 1,49´´ W
  • HUSO UTM:       29
  • COORD. X:         608.093,93
  • COORD. Y:         4.796.284,61

Na categoría de residuos urbanos ou municipais incluense por tanto, os residuos xenerados en domicilios particulares, os seguintes aceptados na instalación:

  • Envases e envoltorios de plástico, metal, papel, cartón o vidro, tales como: latas, bricks, botellas, caixas, bolsas de plástico e outros.
  • Roupas e tecidos.
  • Mobles, electrodomésticos, colchóns e outros voluminosos do fogar.
  • Baterías, aceites de motor e outros resultantes do mantemento de vehículos realizado por particulares.
  • Pilas de botón, tubos fluorescentes e outros residuos perigosos.
  • Residuos procedentes de obras menores de construcción e reparación domiciliaria: rebos, madeiras, tubos, pinturas, disolventes, ácidos, álcalis.
    Obras menores de construcción e reparación domiciliaria son as de técnica sencilla e escasa entidade constructiva e económica, que non supoña alteración do volumen, do uso, das instalacións e servicios de uso común ou do número de vivendas e locais, nin afecten o diseño exterior, a cimentación, a estructura ou as condicións de habitabilidade ou seguridade dos edificios ou instalacións de todas as clases.
  • En xeral, calquer outro residuo que se xere nos domicilios particulares 
TABLA DE RESIDUOS ACEPTADOS NO PUNTO LIMPO:
130205 Aceite mineralAceitesAlmacenamiento
150106 Envases mezcladosEnvasesAlmacenamiento
200101 Papel y cartónCartónAlmacenamiento
200102 VidrioVidrioAlmacenamiento
200110 RopaTextilAlmacenamiento
200111 TejidosTextilAlmacenamiento
200123 Equipamientos fuera de uso que contienen clorofluorocarbonadosRAEESAlmacenamiento
200121 Tubos fluorescentes y otros residuos que contienen mercurioFluorescentesAlmacenamiento
200125 Aceites y grasas comestiblesAceitesAlmacenamiento
200134 Baterías y acumuladores distintos de los especificados en el código 200133 Almacenamiento
200135 Equipos eléctricos y electrónicos fuera de uso, distintos de los especificados en los códigos 200121 y 200123 que contienen componentes peligrososRAEESAlmacenamiento
200136 Equipos eléctricos y electrónicos fuera de uso distintos de los especificados en los códigos 200121, 200123 y 200135RAEESAlmacenamiento
200138 Madera distinta de la especificada en el código 200137MaderasAlmacenamiento
200139 PlásticosPlásticosAlmacenamiento
200140 MetalesMetalesAlmacenamiento
200202 Tierra y piedrasEscombrosAlmacenamiento
200307 Residuos voluminososVoluminososAlmacenamiento

 

A continuación, adxúntase o enlace de autorización de almacenamento de residuos otorgado pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, onde se reflicten os residuos que se poden levar o punto limpio do noso concello:

https://sirga.xunta.gal/xestores?p_p_id=xestores_WAR_sirga&p_p_lifecycle=1&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_xestores_WAR_sirga__spage=%2Fportlet_action%2Fxestores%2Fbusca

CONTACTO