Infraestructuras Urbanas, Medio Ambiente e Espazos Naturais

ACTUALIDADE

26
Mar
2025
O CONCELLO PON EN MARCHA UN NOVO CICLO DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN NAS PARROQUIAS DO RURAL
Logo da boa acollida e a satisfacción das asociacións veciñais coas actividades organizadas durante o inverno, o goberno local aposta por una nova edición que...
12
Dec
2024
O CONCELLO OFRECE UNHA CHARLA SOBRE COMPOSTAXE O MÉRCORES 18 DE DECEMBRO NA CASA DA CULTURA 
No marco do proxecto Vilalba Orgánica, o goberno local repartirá de balde composteiros domésticos para os asistentes O Concello mantén activo o seu programa “Vilalba...
29
Nov
2024
O CONCELLO ADQUIRE UN LOTE DE MAQUINARIA AGRÍCOLA POR UN IMPORTE DE MÁIS DE 118.000 EUROS
“Dispoñer destes instrumentos de traballo propios do Concello permítenos realizar con maior facilidade e de forma máis eficaz algúns traballos que que ata agora nos...
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6

QUE FACEMOS

Vivimos nun municipio no que boa parte dos seus 379,4 quilómetros cadrados correspóndense con zona rural. De feito, o Concello de Vilalba ten 29 parroquias, o que dá unha idea da importancia cuantitativa do rural de Vilalba.

Propoñemos medidas dirixidas non só a paliar estas carencias, senón tamén co obxectivo de colocar ao rural en primeira liña, de forma que se converta nunha zona habitable, confortable e, a maiores, nun xacemento de emprego grazas ao turismo.

  • Propoñemos unha ruta para coñecer os nosos vestixios e restos prehistóricos
  • Potenciamos ao emprendemento e o cultivo de produtos frescos e ecolóxicos promovendo a súa venda nos mercados locais e introducindo este tipo de alimentación nos menús
  • Sen dúbida, un dos nosos maiores logros foi conseguir unha bonificación de ata o 95 % para as explotacións agrarias. A concienciación social sobre a importancia dos montes e a súa ordenación, a loita contra o minifundismo forestal
  • Regulamento dos usos forestais para facer rendible o monte e frear o abandono rural.
  • Contamos cun monte activo que contén os elementos necesarios para dar estrutura ao territorio e ao capital humano do noso rural.
  • Polo tanto existe monte vivo e con futuro na nosa zona.

En definitiva o noso rural ten futuro. Apostar polo noso rural non é unha opción, é unha obriga. O contrario supón negar o noso pasado e pechar as opcións das xeracións futuras.

Oficina Agraria Virtual (OAV)

A oficina agraria virtual é un portelo de atención ao público en Internet. Neste punto atópanse servizos orientados aos cidadáns tanto para consulta de datos de carácter persoal, como para a realización de trámites administrativos.

Para acceder aos servizos da OAV é necesario introducir o NIF/CIF xunto co contrasinal (PIN) facilitada pola Consellería de Medio Rural.

En caso de perda do contrasinal (PIN), pode solicitar a renovación nas Oficinas Agrarias Comarcais.

No caso de querer comunicar unha nova dirección de correo electrónico ou número de teléfono móbil á Consellería de Medio Rural, poderase realizar a través da OAV accedendo á páxina Cambio de datos persoais, chamando ao teléfono 012, ou ben persoalmente nunha Oficina Agraria Comarcal.

No caso de non ter nunca contrasinal (PIN), deberá solicitarse persoalmente nunha OAC (Oficina Agraria Comarcal). O persoal da OAC, despois de comprobar adecuadamente a súa identidade (mediante DNI ou documento similar) procederá ao rexistro dos seus datos.

Manual de usuario (31 Mb, versión en galego)

OUTRAS SECCIÓNS DA MESMA ÁREA DE GOBERNO

CONTACTO

Concelleiro

Luis Fernández Álvarez

Email: luis.fernandez@vilalba.es