A feira mensual, o feirón e as festas parroquiais vilalbesas son tan só algunas das numerosas celebracións que non te podes perder na túa visita a Vilalba.
Vilalba é unha vila moi animada na que se celebran unha gran diversidade de eventos como o FIV (Festival Independiente de Vilalba) e o Certame Literario entre outros.
Para estos eventos dispoñemos de distintas infraestructuras e instalación como o Auditorio Municipal Carmen Estevez de Vilalba, edificio multiusos que tamén alberga o Conservatorio Municipal e unha sala de exposicións.
ABRIL
Feira do quiexo San Simón da Costa
FIV (Festival independiente de Vilalba)
XUÑO
Feira VilaLé
San Xoán
AGOSTO
Festas Patronais S.Ramón e Sta María
A Xira
Certame Literario
SETEMBRO
Festas Patronais S. Ramón e Sta. Maía
Feira do Indiano, Santaballa
OUTUBRO
Tasca do Liño, Ínsua
DECEMBRO
Feira do Capón
Feria do Capón
Os exemplares de Capón de Vilalba véndense na feira anual que se celebra antes da noiteboa. Cada feira, ducias de cestas con capóns ateigan a entrada ó recinto feiral. Dentro desta feira tamén se fan entrega de 3 premios: mellor criador,mellor cesta, e por último, ó mellor par.
Feira do Queixo de San Simón
Os amantes do queixo poderán gozar da celebración da Festa do Queixo de San Simón da Costa, que terá lugar, como cada ano, no concello de Vilalba. Ao longo de dous días, este delicioso produto gastronómico, típico dos concellos que conforman a comarca da Terra Chá e que está catalogado coa Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa, será o protagonista indiscutible.