Economía e Facenda, Servicios Sociais e Igualdade

ACTUALIDADE

11
Abr
2025
O CONCELLO RECUPERARÁ 162.000 EUROS DO FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL LOGO DE QUE A XUSTIZA ESTIMARA A DEMANDA PRESENTADA CONTRA A XUNTA DE GALICIA
A Sala do contencioso-administrativo recoñece a obriga da Xunta de Galicia a abonar ao Concello a cantidade que lle correspondía das obras de renovación da...
2
Abr
2025
O CONCELLO EXECTUARÁ A GARANTÍA DAS OBRAS DA RÚA PRAVIA PARA ACOMETER AS REPARACIÓNS NECESARIAS
O goberno local leva meses traballando en estreita colaboración coa empresa executora das obras e a dirección da mesma para estudar as actuacións precisas O...
28
Mar
2025
APROBADO POR UNANIMIDADE O PROXECTO PARA A INSTALACIÓN DUNHA NOVA ÁREA DE AUTOCARAVANAS NA ÁREA RECREATIVA DA MADALENA
O cambio de localización, co que se pretende “incentivar este tipo de turismo e apostar polo atractivo paisaxístico da nosa vila”, permitirá pasar de 2...
27
Mar
2025
A ALCALDESA SOLICÍTALLE Á XUNTA DE GALICIA QUE “CANDO MENOS MANTEÑAN LIMPA E NUN ESTADO SALUBRE A ESTACIÓN DE AUTOBUSES DA NOSA VILA”
A rexedora lamenta que “as instalacións leven meses en estado de absoluto abandono” e insiste na necesidade de que a dirección xeral de mobilidade resolva...
26
Mar
2025
O CONCELLO PON EN MARCHA UN NOVO CICLO DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN NAS PARROQUIAS DO RURAL
Logo da boa acollida e a satisfacción das asociacións veciñais coas actividades organizadas durante o inverno, o goberno local aposta por una nova edición que...
25
Mar
2025
O CONCELLO CREARÁ NA BIBLIOTECA MUNICIPAL UNHA AULA PARA POÑER EN VALOR E ALOXAR O LEGADO DO ESCRITOR AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
O goberno municipal ratifica o seu compromiso coa Biblioteca Municipal cunha nova inversión de preto de 90.000 euros que suporá a renovación integral do primeiro...

QUE FACEMOS

As políticas sociais conforman un piar básico e prioritario da acción de goberno, entendidas como un conxunto de accións que engloban a atención á veciñanza naquelas necesidades asistenciais ou en apoio da calidade de vida.

Cunha poboación dispersa, rural e cun alto grao de envellecemento, prestamos especial atención ás problemáticas dos colectivos máis vulnerables para dar cobertura pública con programas dirixidos a quen máis o precisa.

Os Servizos Sociais Municipais son o instrumento máis eficaz para garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación do municipio e previr a desigualdade, ofrecendo orientación sobre os programas e recursos sociais públicos e privados dedicados a favorecer a integración e a mellora da calidade de vida das persoas en situación de desvantaxe social,  así como tamén a súa canalización, cando sexa necesario, a outros servizos ou recursos.

Existen dentro do departamento programas específicos que traballan con determinados sectores de poboación, como pode ser o  servizo de prevención de consumo de substancias aditivas e tratamento do alcoholismo, ou a información, integración  e asesoramento legal a persoas inmigrantes. Así mesmo contamos con:

– Centro Ocupacional de Discapacitados Psíquicos

– Escola Infantil Municipal

– Unidade de Atención Temperá

– Xestionamos o comedor da EEI

CONTACTO

Concelleira

Marta María Rouco Seoane

Email: martamaria.rouco@vilalba.es

Igualdade

CIM (Centro de Información á Muller)

Teléfono: 982 523 032

CIM: cim@vilalba.es

Igualdade: igualdade@vilalba.es