Dinamización rural, participación colectiva e calidade ambiental.

ACTUALIDADE

2
Abr
2025
O CONCELLO EXECTUARÁ A GARANTÍA DAS OBRAS DA RÚA PRAVIA PARA ACOMETER AS REPARACIÓNS NECESARIAS
O goberno local leva meses traballando en estreita colaboración coa empresa executora das obras e a dirección da mesma para estudar as actuacións precisas O...
28
Mar
2025
APROBADO POR UNANIMIDADE O PROXECTO PARA A INSTALACIÓN DUNHA NOVA ÁREA DE AUTOCARAVANAS NA ÁREA RECREATIVA DA MADALENA
O cambio de localización, co que se pretende “incentivar este tipo de turismo e apostar polo atractivo paisaxístico da nosa vila”, permitirá pasar de 2...
25
Mar
2025
O CONCELLO CREARÁ NA BIBLIOTECA MUNICIPAL UNHA AULA PARA POÑER EN VALOR E ALOXAR O LEGADO DO ESCRITOR AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
O goberno municipal ratifica o seu compromiso coa Biblioteca Municipal cunha nova inversión de preto de 90.000 euros que suporá a renovación integral do primeiro...
14
Mar
2025
INICIADAS AS OBRAS PARA A INSTALACIÓN DUNHA PISTA MULTIOCIO NO CAMPO DA FEIRA
A nova infraestrutura, que se prevé rematar para comezos do mes de abril, está deseñada para o ocio infantil e xuvenil, terá 230 metros cadrados...
22
Feb
2025
O CONCELLO INSTALARÁ UNHA NOVA ÁREA DE SERVIZO PARA AUTOCARAVANAS NA ÁREA RECREATIVA DA MADALENA
O cambio de localización responde á solicitude feita pola Asociación Galega de Autocaravanas á vez que permite trasladar o espazo a un enclave natural único...
23
Xan
2025
O CONCELLO SUBSTITUIRÁ 12 FAROIS DOS EXISTENTES NA PRAZA DA CONSTITUCIÓN LOGO DE CONCLUÍR O ESTUDO LUMÍNICO DA ZONA
O cambio, que se complementará cunha segunda fase na que se substituirán as restantes, vén producido polo deterioro actual das luminarias e a inexistencia de...

QUE FACEMOS

DINAMIZACIÓN RURAL

Vilalba é un concello formado por 29 parroquias, o que evidencia o gran peso do rural no noso municipio. É por iso que consideramos fundamentais as accións de goberno dirixidas á dinamización das nosas parroquias, tendo como obxectivo prioritario a dotación de servizos e atencións de calidade para o noso rural.

En consecuencia, esta concellería traballa a prol da dinamización rural mediante actuacións como a posta en marcha de actividades nas parroquias vilalbesas que contribúen a que a veciñanza dispoña de actividades de lecer que lles permitan, en definitiva, gozar da súa contorna e do inmenso valor patrimonial e cultural que posúen.

PARTICIPACIÓN COLECTIVA

Vilalba conformámola cada un dos seus/súas habitantes, quen merece que a súa voz sexa escoitada e as súas peticións atendidas. Nesa liña, o compromiso do goberno municipal cos vilalbeses e vilalbesas é absoluto e para garantilo trabállase cada día dende a concellería de participación colectiva, a cal ostenta competencias en cuestións relativas á comunicación activa e directa coa veciñanza.

Existen pois diversos instrumentos de participación colectiva, tales como Línea Verde Vilalba, unha aplicación cuxo principal obxectivo é dotar á cidadanía dun instrumento co cal manter unha comunicación directa co Concello e así poder información á institución local calquera incidencia, dano ou cuestión que considere, á vez que cada quen pode realizar un seguimento da xestión da súa comunicación. Línea Verde Vilalba serve pois para realizar consultas ambientais, consultar os bandos, recibir novas relativas á actualidade do concello, cumprimentar enquisas, recibir avisos importantes e alertas, etc.

CALIDADE AMBIENTAL

Para que a dinamización e a participación colectiva sexan efectivas é imprescindible vivir nun medio coidado e limpo, que garanta a supervivencia dos recursos naturais agora e no futuro, polo que esta concellería asume tamén as responsabilidades relativas a calidade ambiental.

Neste sentido, o tratamento dos residuos e a reciclaxe convértense nun obxectivo destacado deste goberno, que enfoca os seus esforzos en cuestións clave como a xestión do punto limpo ou a promoción da reciclaxe en todo o noso concello, colaborando con outras administración e organizacións cun obxectivo común: o coidado e o respecto do noso medio para asegurar a súa supervivencia.

O Punto Limpo Municipal, situado no Polígono Sete Pontes e con horario de atención ó publico de 16 a 20 h de luns a venres e os sábados de 10 a 14 h, ten como principal función dar cabida a aqueles residuos que non se poidan depositar nos colectores habituais por diversos motivos (necesidade de tratamento previo, composición química, volume,…) como poden ser pilas, electrodomésticos ou colchóns, entre moitos outros.

Ademais, o Concello de Vilalba tamén conta cun Punto Limpo Móbil dende o ano 2023 cuxo obxectivo é facilitar o reciclaxe correcto por parte dos veciños e veciñas en todas as parroquias do municipio. Deste xeito, trátase dun remolque adaptado e compartimentado que periodicamente muda de lugar, asegurándose así un servizo para toda a cidadanía que pode depositar nestes colectores aqueles tipos de residuos para os que non existe depósito habitual na vía pública, como pequenos electrodomésticos, papel e cartón, roupa e calzado ou envases de plástico.

CONTACTO

Concelleiro

Ignacio Criado Montenegro

Email: ignacio.criado@vilalba.es