QUE FACEMOS
Vilalba é un concello cunha gran potencialidade turística.
Contamos cunha gran riqueza patrimonial, o Camiño de Santiago atravesa o municipio e temos unha potente gastronomía, entre outros moitos atractivos.
A ubicación estratéxica de Vilalba e as súas excelentes comunicacións converten a Vilalba nun destino moi atractivo e de proximidade para o turismo. Dispoñemos dunha gran variedade de servizos e comercios preparados para acoller as diversas demandas do turismo, facéndolle a estancia máis cómoda.
Por esta razón, nos últimos anos, estamos a traballar na promoción e dinamización do territorio co obxectivo de poñer en valor os recursos patrimoniais do Concello e impulsar o turismo.
PRINCIPAIS SERVIZOS DA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO
- Planificación e coordinación da xestión e promoción turística local.
- Recopilación de información sobre os recursos turísticos de Vilalba e da contorna.
- Atención presencial, telefónica, por correo electrónico e correo postal en galego, castelán e inglés.
- Elaboración dun banco de imaxes dos principais recursos turísticos do Concello.
- Creación e actualización de contidos na páxina web de turismo.
- Colaboración co sector turístico local, outras oficinas de turismo da contorna e a Deputación de Lugo, Xunta de Galicia e outras institucións, etc.
- Edición de material turístico informativo e promocional.
- Información sobre o Camiño de Santiago e selado de credenciais.
- Elaboración de bases de datos coa oferta de aloxamentos, establecementos hosteleiros e comercios para telo a disposición do turismo.
- Presencia e promoción en feiras de interese turístico.
- Divulgación da oferta cultural, feiras e eventos entre o turismo.
- Rexistro estadístico de turistas e visitantes clasificados pola súa procedencia xeográfica.
Oficina de Turismo de Vilalba
Pza. Suso Gayoso, 1
27800 Vilalba – Lugo
982 52 39 11
www.turismovilalba.es
MUSEO DE PREHISTORIA E ARQUEOLOXÍA DE VILALBA
O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba iniciou a súa actividade fai máis de trinta anos, permitindo ao público facer un percorrido entretido e didáctico sobre a Prehistoria e a Historia Antiga de Galicia.
Ademais da exposición permanente, tamén realiza outras exposicións de carácter temporal e organizanse temas trimestrais, cursos, publicacións e actividades diversas que lle dan un gran dinamismo ao centro.
O Museo posúe unha serie de laboratorios destinados ó apoio das investigacións que leva a cabo. Conta co equipamento necesario para servir de apoio a escavacións arqueolóxicas, para catalogar os fondos e para acometer distintas análises de sedimentos, pole, sementes, microscópicas, etc.
Os materiais arqueolóxicos que alberga proceden principalmente particulares xacementos e descubrimentos feitos no curso de escavacións arqueolóxicas promovidas polo Museo e por outras entidades.
Museo de Prehistoria e Arqueoloxía
Rúa Dr. Domingo Goas, 2 27880
982 511 383
CONTACTO
Concelleira
Mª Xosé Fernández Pardo