Dirección Área Deportes

ACTUALIDADE

2
Dec
2024
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA NOVENA EDICIÓN DA SAN SILVESTRE VILALBESA
A alcaldesa, Marta Rouco, animou a “a todos os vilalbeses e veciños da contorna a que participen nesta cita na que o obxectivo non será...
14
Out
2024
O CONCELLO FINALIZA AS ACTUACIÓNS DE MELLORA NO ESTADIO MUNICIPAL DA MADALENA
Logo da reparación da cuberta dun dos almacéns para empregalo como ximnasio, veñen de rematarse as obras para a instalación dunha zona de acceso do...
9
Out
2024
VILALBA SERÁ O EPICENTRO DA PRIMEIRA CONCENTRACIÓN DE ESCOLAS DE RUGBY DA TEMPADA O VINDEIRO 19 DE OUTUBRO
O Capóns de Vilalba Rugby Club, en colaboración co Concello e a Federación Galega de Rugby, organiza unha cita que traerá á capital chairega 16...
13
Ago
2024
O PRAZO DE MATRÍCULA NOS CURSOS DE NATACIÓN DA PISCINA MUNICIPAL ESTARÁ ABERTO DO 5 AO 15 DE SETEMBRO
Ofertaranse un total de 375 prazas e as persoas interesadas poderán preinscribirse na recepción da piscina A piscina municipal abrirá o vindeiro 5 de setembro...
8
Ago
2024
O CONCELLO FINALIZA AS OBRAS DE REPOSICIÓN DA CUBERTA DO ALMACÉN DO ESTADIO MUNICIPAL DA MADALENA
O local reformado pasará a funcionar como ximnasio para adestramentos físicos e as obras completaranse coa construción dun novo espazo para o acceso do público...
7
Ago
2024
O CONCELLO SACA A LICITACIÓN AS OBRAS DE RENOVACIÓN DO PAVIMENTO DA PISTA DO PAVILLÓN DO CEIP MANUEL MATO VIZOSO
O proxecto conta cun orzamento de licitación de 73.500 euros con cargo a fondos propios e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o...

QUE FACEMOS

A Concellería de Deportes e o seu Servizo Municipal encárganse de garantir o correcto funcionamiento das instalacións deportivas municipais, e de ofrecer servizos e actividades que contribúan a promover a práctica do deporte y da actividade física no muncipio, a través de distintas modalidades de xestión.

O Concello de Vilalba caracterízase por dar unha grande importancia ao fomento da práctica deportiva e a actividade física entre a súa poboación. Mostra disto é que a través da Concellería – Servizo Municipal de Deportes, a vila foi galardoada cos seguintes premios nos últimos anos:

  • 2012: Premios Deporte Galego. Mellor Concello 2012 na promoción da actividade física e o deporte.
  • 2015: Premios Consejo Superior de Deportes. Candidato a Mellor Concello de España.
  • 2016: Premios Galicia á Xestión Deportiva. Mellor Concello de menos de 15.000 habitantes.

SERVIZOS E PROGRAMAS

  • Informamos aos cidadáns dos servizos que prestamos e as instalacións deportivas dispoñibles
  • Xestionamos as Escolas Deportivas Municipais, as Actividades de Verán e tramitamos as súas inscricións
  • Xestionamos a ocupación das instalacións deportivas, horarios de adestramento, competicións e alugueres
  • Levamos a cabo o mantemento das instalacións deportivas municipais
  • Organizamos competicións e eventos deportivos propios
  • Colaboramos con outras administracións, federacións, asociacións e con clubes deportivos, na celebración de eventos e competicións
  • Tramitamos as autorizacións para a realización de actividades deportivas fóra das instalacións deportivas e no patrimonio público municipal
  • Tramitamos subvencións a entidades deportivas
  • Tramitamos subvencións a deportistas senlleiros
  • Axudamos a creación de asociacións deportivas
  • Tramitamos a pernocta en instalacións deportivas municipais
  • Xestionamos contratos de servizos e subministracións
  • Realizamos o seguimiento e control dos contratos das xestións indirectas
  • Colaboramos nas prácticas de formación de ensinanza da rama de actividades deporttivas

CONTACTO

Concelleira

Paula Vigo Lamas

Email: paula.vigo@vilalba.es

 

Piscina Municipal

Deportes

Servizo de deportes:

Teléfono: 982 510 761

Email: deportes@vilalba.es

Técnico de Deportes

Alexandre González

Email: alexandre.gonzalez@vilalba.es