
EnRede Vilalba
EnRedeVilalba é unha aplicación impulsada polo Concello de Vilalba que ten por obxectivo achegar información de utilidade sobre as violencias machistas á mocidade e adolescencia, especialmente ás mulleres adolescentes vilalbesas.
Esta APP permite acceder á información de sensibilización e apoio, ofrece un directorio de servizos cos que contactar e a onde acudir e dá a coñecer pautas de como actuar ante situacións de violencias machistas.

Línea Verde Vilalba
Línea Verde é unha aplicación impulsada polo Concello de Vilalba que ten por obxectivo que o cidadán poda ter comunicación directa co Concello para notificar calquera desperfecto da vila e así mesmo informar ó cidadán de xestión da súa comunicación.
Realizar consultas ambientais ó equipo de expertos e moito máis como: bandos, actualidade, enquisas, alertas…