O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais do Concello de Vilalba, Modesto Renda, anunciou onte unha nova mellora na rede viaria de titularidade municipal, desta volta no vial que une Gondaísque e Distriz.
Financiada ao 100% con fondos municipais, o custe total da actuación alcanzou os 31.138€ e á necesaria limpeza de cunetas, seguíulle o reforzo da base do firme, a pavimentación mediante doble rega asfáltica e a sinalización vertical.