O SEGUNDO EXAME DO PROCESO SELECTIVO PARA UNHA PRAZA DE ARQUITECTO TÉCNICO NO CONCELLO DE VILALBA SERÁ O 9 DE FEBREIRO

O Concello de Vilalba informa da data do segundo exame correspondente ao proceso selectivo dunha praza de ‘Arquitecto/a técnico’, vacante no cadro de persoal do Concello de Vilalba, en desenvolvemento da Oferta de Emprego Público do ano 2022 e de conformidade ao acordado polo tribunal do proceso.

O segundo exercicio da fase de oposición, ao que se convoca ás persoas opositoras aprobadas no primeiro exercicio, terá lugar o venres 9 de febreiro do ano 2024 ás 09:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial da Corporación, ubicado no primeiro andar no número 1 da Praza da Constitución.