APROBADOS OS PROXECTOS DE RENOVACIÓN E MELLORA DE 22 VIAIS MUNICIPAIS EN 14 PARROQUIAS DO RURAL VILALBÉS

O Pleno Municipal aprobou por unanimidade a proposta do Vicealcalde Modesto Renda, relativa á renovación e mellora de 22 viais de titularidade municipal en 14 parroquias do rural vilalbés.

O primeiro proxecto, relativo á rexeneración e mellora de oito viais nas parroquias de A Torre, Soexo, Insua, Oleiros e Distriz conta cun orzamento de execución por contrata de 145.544,06€.

O segundo, relativo á renovación e mellora de outros 14 viais nas parroquias de Sancovade, Román, Corvelle, Goiriz, Xoibán, Vilapedre, Lanzós e San Simón ascende aos 176.055€

Un investimento total de 321.599,06€ en beneficio dos vecinos e veciñas das parroquias procedente na súa totalidade de fondos propios do Concello de Vilalba.

“Dixémolo e farémolo: O noso obxectivo é facer xustiza coas parroquias en materia de investimentos e isto só pode ser o comezo”, explicou Renda.