O CONCELLO ORGANIZA UN CAMPAMENTO DE NADAL PARA NENOS E NENOS DE 5 A 12 ANOS CO OBXECTIVO DE FAVORECER A CONCILIACIÓN

O Concello de Vilalba organiza o Campamento Urbano de Nadal 2023 do 26 de decembro ao 5 de xaneiro. Contará con 40 prazas e será no pavillón do CEIP Mato Vizoso de 08:00 a 15:00 horas.

“Todas as políticas e medidas de conciliación son unha prioridade para o goberno local de Vilalba, dándolle neste caso ás familias unha alternativa de ocio e lecer para os seus fillos e fillas durante o Nadal”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco.

A convocatoria vai dirixida á poboación infantil con idades comprendidas entre os 5 e 12 anos (nados entre o 2018 e 2011). No caso de existir máis solicitudes que prazas ofertadas, terán preferencia os empadroados no Concello de Vilalba e aqueles con proxenitores/titores legais en período non vacacional.

Paula Vigo, concelleira de Infancia e Xuventude, engade que “os nenos e nenas farán diferentes actividades, con tempo para o deporte, obradoiros ou hinchables”.

O prazo de inscrición remata o 11 de decembro, a través da sede electrónica do Concello de Vilalba (https://vilalba.sedelectronica.es) ou presencialmente no rexistro xeral do Concello de Vilalba en horario de 9:00 a 14:00 horas.