O Pleno Municipal aprobou por unanimidade a proposta do Vicealcalde Modesto Renda, relativa á renovación e mellora do vial que lle da acceso ó núcleo de Lobán, na parroquia de Samarugo,
Unha máis que necesaria actuación, que conta cun orzamento de execución material de 9.722€, ós que hai que engadirlle un 13% de gastos xerais por importe de 1,263.98€; un 6% de beneficio total industrial por importe de 583,37€, e un 21% de IVE por valor de 2.429€, do que resulta un presuposto de execución por contrata de 14.000€.
A obra adxudicarase xa esta semana e a actuación complementarase coa mellora doutros tres viais pertencentes tamén á parroquia de Samarugo. En concreto, nos accesos ós barrios de Campomaior, Cornide e outro ramal ao mesmo barrio de Lobán.
“Estamos a falar dun dos viais en peor estado de todo o termo municipal e, dende o primeiro día da lexislatura, axilizamos traballo e trámites para podermos actuar”, explicou Renda.