O CONCELLO DE VILALBA CONCEDE MÁIS DE 90 AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR ÁS FAMILIAS CON NENOS EN NENAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

O Concello de Vilalba informa da resolución da convocatoria de axudas á escolarización en Educación Infantil (3 a 6 anos).

As familias dun total de 91 nenos e nenas recibirán as axudas.

Lembramos que o prazo para a xustificación das axudas remata o 1 de outubro.

“As axudas destínanse á adquisición de libros e material escolar para o alumnado matriculado nos centros públicos do municipio, unhas axudas importantes coas que o Concello de Vilalba colabora cunha franxa de idade que non ten acceso ás subvencións doutros organismos públicos”, explica Marta Rouco, concelleira de Servizos Sociais.