NOVAS INSCRICIÓNS E RENOVACIÓNS DOS POSTOS NA FEIRA MENSUAL, OS FEIRÓNS E OS MERCADOS DE VILALBA

O Concello de Vilalba informa da apertura do prazo para as inscricións de novos interesados e as renovacións dos postos na feira mensual, os feiróns e os mercados que se celebran na vila.

Unha vez lista a nova ordenanza que regula esta actividade, o concello adxunta o anexo que deben cubrir todas as persoas interesadas na renovación ou nas novas inscricións.

Para consultas e dúbidas, dirixirse ao teléfono do Concello (982 51 03 05) ou a través do correo electrónico feiras@vilalba.es (Concellería de Feiras e Mercados).