O CONCELLO DE VILALBA TEN UNHA NOVA ZONA DE DESCANSO E LECER NA RÚA DA EMIGRACIÓN CON ADOQUÍN E MOBILIARIO SOSTIBLE

O Concello de Vilalba finalizou unha nova zona de descanso e lecer na rúa da Emigración, unha nova actuación dentro da aposta municipal por humanizar o casco urbano con proxectos nos que se prioriza a sostenibilidade.

Neste espazo, acondicionouse unha pequena praza mediante a ampliación das beirarrúas. O concello utilizou adoquín de xunta aberta, más sostible e que permite a correcta drenaxe de auga.

Hai tamén unha zona axardinada, prantáronse acacias e o novo espazo de descanso conta con 16 focos con tecnoloxía LED de baixo consumo.

Todo o mobiliario instalado é dun material sostible e conta con certificados FSC e WRAN, avalados internacionalmente e garantía de sostenibilidade e respecto medioambiental.

Os bancos desde novo espazo de descanso para os veciños e veciñas de Vilalba contan con puntos de luz para facilitar o seu uso en horario nocturno.

“Un paso máis neste proceso de recuperar o casco urbano para as persoas, pequenos proxectos nos que respectamos a sostenibilidade e o uso de materiais idóneos”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.