O CONCELLO DE VILALBA SACA A LICITACIÓN AS OBRA PARA AMPLIAR A REDE MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN SANTABALLA

O Concello de Vilalba sacou a licitación as obras para ampliar a rede municipal de abastecemento de auga potable a diferentes núcleos da parroquia de Santaballa. O orzamento dos traballos é de 161.268 euros.

O entronque á rede xeral municipal de abastecemento de auga se realizará no barrio de O Castro e o barrio de Tufiade. A ampliación da rede realizarase tamén nos barrios de O Outeiro; Folgueira, Gunxar e O Apaxo; Vilasuso; O Castro; Carballido e Casela.

Esta actuación permitirá que o abastecemento de auga potable aos diferentes barrios e núcleos se realice desde a rede xeral municipal, mellorando desta maneira a calidade e control da auga utilizada polos veciños.

Será un proxecto con 95 entronques con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta. Beneficiará tamén á cooperativa de Santaballa.

“Damos continuidade con estas obras á mellora continua dos servizos e infraestruturas na parroquia, como vimos facendo desde o verán de 2019”, asegura Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

O trazado da nova rede e os seus ramales seguirá camiños existentes e interferirá en determinados accesos a vivendas, motivo polo que se acometerá a renovación de todos os viais afectados.