O Concello de Vilalba presenta os ‘Seráns musicais polas rúas de Vilalba’, unha programación cultural con diferentes actuacións musicais durante os meses de verán, entre o 8 de xullo e o 12 de agosto, dándolle prioridade aos grupos locais.
O programa comeza o próximo venres 8 de xullo con Mestura de Nete ás 21:00 horas, continuando o seguinte venres 15 con Buxos Verdes á mesma hora. O venres 22 de xullo, A. C. Cerna de Árbol actuará en Vilalba ás 21:00.
O 25 de xullo, Día de Galicia, o programa inclúe dúas actuacións: ás 11:30 horas, Entre Lusco e Fusco, e ás 13:00 horas o concerto da Banda Municipal de Música de Vilalba, nesta ocasión no parque Rosalía de Castro.
Para pechar o mes, o venres 29 de xullo inclúe as actuacións de Os do fondo da barra (a través do Agadic) e da Charanga de Vilalba, ás 21:00. O mes de agosto traerá o día 5 á Banda de Gaitas Mato Vizoso e o 12 de agosto será o concerto de A.C. Andrade, ambas ás 21:00.
O peche dos ‘Seráns Musicais polas rúas de Vilalba’ correrá a cargo do grupo Son da Rúa (Iescha), o 12 de agosto ás 22:30 horas no palco da música da praza da Constitución.