Urbanismo, Mobilidade, Infraestructuras Rurais e Desenvolvemento Industrial

ACTUALIDADE

25
Xuñ
2024
O CONCELLO FAI PÚBLICO O ESTUDO DE REORDENACIÓN DO TRÁFICO NA RÚA DA PRAVIA E ANUNCIA O VINDEIRO CAMBIO DE DIRECCIÓN
O Vicealcalde e responsable de Mobilidade do Concello de Vilalba, Modesto Renda, presentou este martes os resultados e conclusións do estudo de tráfico sobre a reordenación do sentido de...
17
Xuñ
2024
A RÚA DE BEGONTE SERÁ DE SENTIDO ÚNICO, CON SAÍDA POLO PASEO DO CONDE E O APARCAMENTO ÁS DÚAS MARXES, TAL E COMO PEDIRON OS VECIÑOS/AS
O Vicealcalde e responsable de mobilidade Modesto Renda anunciou hoxe que o Concello vén de dar resposta á solicitude dos veciños e veciñas residentes na...
31
Mai
2024
O CONCELLO MELLORA A SINALIZACIÓN DO CENTRO HISTÓRICO NA LIÑA DO RECLAMADO POLOS NEGOCIOS DA ZONA
O Concello de Vilalba mellora a sinalización do Centro Histórico, na liña do reclamado polos negocios da zona. Así o anunciou hoxe o Vicealcalde e...
14
Mai
2024
O CONCELLO REXENERA E MELLORA O VIAL QUE LLE DA ACCESO AO BARRIO DAS HEDRADAS, EN SAN SIMÓN
O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais, Modesto Renda, anunciou hoxe a rexeneración e mellora do vial que lle da acceso ao barrio das Hedradas,...
14
Mai
2024
O CONCELLO HABILITA NOVAS PRAZAS DE APARCAMENTO PARA PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA
O Vicealcalde e responsable de Mobilidade, Modesto Renda, anunciou hoxe a ampliación das prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida (PMR) en varias rúas...
9
Mai
2024
A ALCALDESA CONFÍA EN QUE A NOVA ESTRATEXIA GALEGA DE MOBILIDADE ANUNCIADA POR RUEDA INCLÚA A POSTA A PUNTO DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES
O Concello de Vilalba confía en que a nova Estratexia Galega de Mobilidade, aprobada o luns polo Consello de Xunta e que estará dotada de...

QUE FACEMOS

URBANISMO

As competencias da área de Urbanismo son o planeamento, xestión, execución e disciplina urbanística; a protección e xestión do Patrimonio histórico; a promoción e xestión da vivenda de protección pública con criterios de sustentabilidade financeira e a conservación e rehabilitación da edificación. 

OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL URBANISMO

A Oficina Técnica de Urbanismo e Rehabilitación municipal está ao servizo dos cidadáns para resolver calquera tipo de dúbida relacionada co urbanismo, a execución de proxectos de edificación ou o ordenamento. É este departamento o encargado de informar acerca dos permisos para a execución de obras particulares en todo o termo municipal.

Xestións que leva a cabo
  • Asesora e informa ao público das actuación que contempla o Plan de Vivenda que esté vixente.
  • Tramita os expedientes e asesora no seguimento técnico de obras do Plan de Vivenda, sen suplir o oficio de dirección de obra.
  • Realiza as visitas técnicas que se estimen oportunas nas actuacións de rehabilitación con axudas autonómicas ou estatais, sen suplir o oficio de dirección e obra
  • Supervisa os orzamentos.
  • Colabora e coordina as accións e programas que desenvolve a Oficina cos departamentos municipais implicados.
  • Informa doutras actuacións subvencionables.
  • Asesoramento Técnico construtivo en aspectos que melloren as condicións de habitabilidade, funcionalidade e seguridade da vivenda.

MOBILIDADE

As competencias da área de mobilidade comprenden as seguintes funcións: A regulación do tráfico e do estacionamento de vehículos.

 

INFRAESTRUCTURAS RURAIS

O obxectivo desta área é garantir a extensión das redes de infraestruturas de servizos básicos a todos os núcleos e agrupacións de vivendas nas parroquias. O noso compromiso é que toda a cidadanía de Vilalba poida acceder aos mesmos servizos públicos con independencia do seu lugar concreto de residencia, cun reparto equitativo do investimento municipal.

 

DESENVOLVEMENTO INDUSTRIAL

As atribucións da área de Desenvolvemento Industrial son o planeamento, a xestión e, no seu caso, o incremento das marxes do chan de uso industrial no termo municipal.