O Concello de Vilalba presenta o proxecto de renovación integral e humanización da rúa da Pravia, impulsando a recuperación para a veciñanza dun dos principais espazos públicos da vila.
O proxecto foi presentado en rolda de prensa pola alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro; o concelleiro de Infraestruturas, Luis Fernández, e Marta Rouco, tenente de alcaldesa e voceira do goberno local.