ACTUALIDADE
QUE FACEMOS
COMERCIO
A área de Comercio ten como principal obxectivo o fomento e acompañamento do sector comercial e empresarial do noso municipio, así como promocionar e dar a coñecer os distintos comercios e empresas do municipio como recurso turístico.
TURISMO
A área de Turismo ten como obxectivo a dinamización e promoción do territorio, así como o impulso e a mellora dos servizos turísticos e a implicación dos axentes locais nunha cultura de calidade, colaborando na reflexión estratéxica de Vilalba como destino turístico.
PROMOCIÓN DA LINGUA
Esta área de nova creación ten como obxectivo a potenciación do uso da lingua galega no Concello de Vilalba, atendendo tanto a aspectos organizativos da administración local como ás necesidades lingüísticas do conxunto da poboación de vila e parroquias. Desta forma, a nosa actividade céntrase nos eidos do asesoramento, formación e dinamización.