O orzamento dos traballos rondará os 158.000 euros
O Concello de Vilalba xa ten listo o proxecto para ampliar a rede municipal de abastecemento de auga potable a diferentes núcleos da parroquia de Santaballa.
O orzamento dos traballos rondará os 158.000 euros e o prazo de execución será de dous meses, unha vez que se adxudiquen.
O entronque á rede xeral municipal de abastecemento de auga se realizará no barrio de O Castro e o barrio de Tufiade. A ampliación da rede realizarase tamén nos barrios de O Outeiro; Folgueira, Gunxar e O Apaxo; Vilasuso; O Castro; Carballido e Casela.
Esta actuación permitirá que o abastecemento de auga potable aos diferentes barrios e núcleos se realice desde a rede xeral municipal, mellorando desta maneira a calidade e control da auga utilizada polos veciños.
Será un proxecto con 95 entronques con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta. Beneficiará tamén á cooperativa de Santaballa.
“Damos continuidade con estas obras á mellora continua dos servizos e infraestruturas na parroquia, como vimos facendo desde o verán de 2019”, asegura Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.
O trazado da nova rede e os seus ramales seguirá camiños existentes e interferirá en determinados accesos a vivendas, motivo polo que se acometerá a renovación de todos os viais afectados.