TORRE, A (SANTA MARÍA)

É unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que limita polo norte con Alba, sur Insua, este Nete e oeste Soaxe. Dista aproximadamente 7,5 quilómetros da Capital da Terra Chá.

En 2018 conta con 185 habitantes (99 mulleres e 86 homes), a súa poboación encóntrase distribuídos nos barrios de: A Cancela | Carlete | Costián | O Coutado | A Ermida | A Estrada | Goiriz | Lopiño | Marcelle | Merlán | Míllara | Muíño Pequeno | Pasaído | Pasaxes | Pedrouzos | Pena do Curro | Penadrade | O Penedo | Ponte Pedrouzos | Os Pretos | A Sapeira | O Sisto.

Posúe unha extensa zona de praderías e bidueirais nas ribeiras dos ríos Ladra e Labrada.

A igrexa parroquial presenta advocación á Santa María.

O Castro de San Nicolás, que debe o seu nome á ermida construída nas inmedicóns deste xacemento. No que se refire ao Castro, é de planta circular, está situado sobre un outeiro e conta cun só muro defensivo. A ermida se San Nicolásfoi asentada sobre unha pena duns catro metros, polo que o acceso a ela faise a través dunhas escaleiras de pedra, e o pé da Capela podemos apreciar unha ARA.

A escola, foi construída no ano 1968 para dar formación a varias xeracións da zona rural, hoxe a súa utilidade e de local social.

FESTAS:

San Isidro, 15 de maio.

Nosa Señora 14-15 de agosto

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación.