Un novo concepto do urbanismo, dándolle máis protagonismo ás persoas
O Concello de Vilalba recepcionou hoxe as obras de renovación da rúa das Pedreiras e a súa rede de servizos básicos, unha actuación integral que servirá para mellorar a vida dos veciños e veciñas, xa que aumentará de forma considerable a superficie e a seguridade peonil.
A reforma das Pedreiras reflicte un novo concepto de entender o urbanismo, cunha plataforma única e beirarrúas máis anchas, sobre todo na zona máis próximo ao auditorio, dándolle máis protagonismo ás persoas nunha rúa que está a uns minutos andando do centro de Vilalba.
A alcaldesa do Concello de Vilalba, Elba Veleiro, e o concelleiro de Infraestruturas, Luis Fernández, estiveron hoxe na rúa cos responsables da empresa encargada das obras.
O concello fixo ademais unha nova rede de abastecemento, un sistema de saneamento separativo (pluviais e fecais) e seccións soterradas para as redes de telecomunicacións e electricidade/gas existentes na rúa.
Como novidade, destacar que dos case 3.000 metros cuadrados da intervención, un 10% son pavimentos permeables, que permitien a infiltración directa das augas de pluviais, reducindo a necesidade de depuración de augas.
Estes espazos formalízanse como bandas de estacionamento sobre céspede reforzado (pavicéspede), o que aumenta a zona verde da rúa, xunto a unha ducia de árbores autóctonos.
Apostouse desta maneira por un Sistema Urbano de Drenaxe Sustentable (SUDs), que ten como obxetivo recoller parte da auga de chuvia para infiltrala no terreo de forma controlada, facendo labores de riego e evitando unha sobrecarga na rede de saneamento e na depuradora.
“É un proxecto integral feito baixo criterios de sustentablidade, calidade urbana, accesibilidade, seguranza e mellora ambiental, adoitando os últimos estándares europeos para os novos espazos urbanos”, asegura Luis Fernández.
Por último, a rúa das Pedreiras incorpora tecnoloxía LED de baixo consumo e novo mobiliario, habilitando un espazo de lecer e descanso para os veciños e veciñas de Vilalba.