Con estas actividades, o Concello de Vilalba busca fomentar o hábito lector, así como desenvolver a comprensión lectora entre
O Concello de Vilalba anuncia dous obradoiros impulsados pola Biblioteca Municipal con motivo da celebración do Samaín. Con estas actividades, o Concello de Vilalba busca fomentar o hábito lector, así como desenvolver a comprensión lectora entre os máis cativos/as e ofrecer unha alternativa de ocio gratuíta.
Dunha banda, organizarase o “Rosco do Samaín”, un obradoiro dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos que busca ao maior “devorador de libros” da biblioteca. Esta actividade gratuíta desenvolverase o luns 25 de outubro de 17:00 a 18:30.
Nesta actividade, os participantes comezarán xogando a unha adaptación de “pasa palabra”. Tras unha visualización de varios libros, o monitor utilizará unha ruleta que proporá preguntas aos equipos participantes. Todas as persoas participantes recibirán un pase para a segunda parte do obradoiro: “o rosco lector”.
A continuación, os participantes elaborarán o seu propio rosco, que irán selando conforme collan prestados libros na biblioteca municipal. Os nenos e nenas deberán realizar un debuxo por cada libro lido e recibirán a cambio un selo no rosco e na libreta co debuxo.
Para participar nesta actividade, cómpre realizar a inscrición na Biblioteca Municipal ata o 20 de outubro (Teléfono: 981512232, WhatsApp: 626399329, e-mail: vilalba.rbgalicia@eidolocal.es).
Doutra banda, o xoves 28 de outubro de 17:00 a 19:00, a Biblioteca Municipal acolle un contacontos de Paiasa Tati, dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 7 anos. Paiasa Tati dará vida á Bruxa Catuxa, quen explicará aos máis pequenos a orixe celta do Samaín.
A continuación, contará o conto de “Os monstros do Samaín”, sobre un neno que ten pesadelos e dará consellos sobre como enfrontarse a eles. Por último, os cativos e cativas realizarán unha actividade na que debuxarán o seu monstro disfrazado con diferentes elementos para non dar medo nunca máis.
Para sumarse a este obradoiro é necesario inscribirse na Biblioteca Municipal ata o 20 de outubro (Teléfono: 981512232, WhatsApp: 626399329, e-mail: vilalba.rbgalicia@eidolocal.es).