II Concurso de tapas

O Concello de Vilalba e a Asociación de Empresarios Sete Pontes lanzan o II Concurso de tapas, no que poderán participar todos os establecementos de hostalería de Vilalba empregando nas súas receitas ingredientes de produtores e produtoras locais

O Concello de Vilalba e a Asociación de Empresarios Sete Pontes anuncian o II Concurso de tapas que se celebrará na localidade do 21 ao 24 de outubro. Poderán participar todos os establecementos de hostalería de Vilalba, tendo de prazo máximo para inscribirse ata o vindeiro 13 de outubro. Deberán enviar un correo electrónico a contacto@poligonosetepontes.com, e ademais desta solicitude de inscrición, deberán indicar o nome e foto da tapa, o produto ou produtos empregados e a receita (data límite 17 de outubro).

Este ano a novidade apunta a que as e os hostaleiros terán que elaborar as súas tapas, unha por establecemento, con ingredientes dos produtores/as locais recollidos no listado das bases de participación. Con esta iniciativa, preténdese trazar unha rede de apoio tanto ao sector da hostalería como ás empresas alimentarias de Vilalba. Neste senso, os grupos de música tradicional ambientarán as rúas estes días para poñer en valor e dar pulo ao sector da cultura, moi afectado tamén pola crise sanitaria.

O prezo único da tapa será 1,5 euros, e serán os propios consumidores quenes fagan a primeira selección mediante os seus votos, que depositarán en urnas situadas nos establecementos participantes. Os tres locais mellor valorados pola clientela pasarán á fase final, na que un xurado profesional será o que escolla a mellor tapa.

Para poder participar na votación será requisito obrigado selar as papeletas oficias que se repartirán nos establecementos un mínimo de 5 veces, visitando cinco locais para consumir a súa tapa. O sorteo realizarase o 27 de outubro ás 12 na sede da Asociación de Empresarios, extraendo tantos premiados como premios e un suplente para cada un deles.

Os premios serán:
• Unha cea para dúas persoas na Cervexería Lembranzas
• Un xantar ou cea para dúas persoas no Restaurante Montero• 2 bonos regalo para o Spa Attica21 de Vilalba (cada un inclúe un acceso ao Spa para dúas persoas)

LISTADO DE PRODUTORES/AS LOCAIS:


PORCO CELTA
Atilano Anllo info@atilanoanllo.com 982 511 848/647 816 109
Fraga do Soto saul.rouco@gmail.com 615 648 725
RAZA BOVINA CACHENA
Enxebreza 679998803


CARNICAS
Elote info@elote.es 619 377 786
Eurico carnicaseurico@hotmail.com 982 510 655
Acisal acisal@acisal.eu 982 510 843


VARIOS
Champivil info@champivil.com 982 511 222
Huevos de Andrade huevosdeandrade@gmail.com 627 474 781
Camperos Vilalba ecovilalba@gmail.com 679 427 455
Mel Pingas de Gaia pingasdegaia@gmail.com 669 254 677
Mel Amardebon martrastoyares@gmail.com 687 701 441
Mel Das miñas colmeas couso2@telefonica.net 669 091 248
Galiña de Mos Francisco Monasterio fmsolveira@gmail.com 615 553 545


PANADERIAS
A Nova josegayosofer@hotmail.es 982 510 546/625 182 743
Tahona Curras ant_curras@hotmail.com 982 510 062
Martiñan
Oleiros


QUEIXERIAS
Crisanto crisantosat@hotmail.com 982 525 637/ 659 483 080
Daniberto daniberto@daniberto.com 982 525 842
Fontelas info@fontelas.es 982 525 788
Cas Leiras info@casleiras.com 982 527 222
Catadoiro queixeriacatadoiro@hotmail.com 982 158 569
Don Gabino correo@dongabino.es 627 752 222
Prestes info@quesosprestes.com 982 525 757
Valado queixeriavalado@hotmail.com 982 525 758