San Salvador de Ladra é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo situada o marxe esquerdo do río Ladra que lle da o nome, limmita coas parroquias de Nete, Insua e Xoibán. Dista aproximadamente 7 quilómetros da capital da Terra Chá.
No ano 2018 conta con 107 habitantes (53 mulleres e 54 homes)
Esta parroquia ten unha superficie de 899 hectáreas divididas nos barrios de:
Aguiar | Arán | A Bispeira | A Braña | A Calzada | O Campo da Barrosa | O Cañotal | A Casavella | As Cernadas | A Costa | A Fraga Vella | A Ichoa | A Infesta | O Muíño | Pazo de Arán | O Pazo Novo | Picouzo | Pulazo | O Rocello | O Tenso | O Trobo | Vilasuso.
A igrexa parroquial, en advocación a San Salvador, conserva no seu interior retablos de estilo sa- lomónico e neoclasicistas.
O castro Ladra é de planta ovalada e cun só muro defensivo, nel apareceron restos que eviden- cian a súa posterior.
Os pazos dos Castros-Pita e de Arán, con capela do século XIX, son unha mostra do pasado señorial da zona.
San Salvador, 18-19 setembro
Virxe dos Remedios, 9-10 outubro
As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación.