LUZ VERDE AO PROXECTO PARA A HUMANIZACIÓN INTEGRAL DA TRAVESÍA DOS CASTROS, CON MÁIS PROTAGONISMO PEONIL

O orzamento do proxecto ronda os 142.000 euros e conlevará tamén a posta en marcha dunha nova rede de saneamento na Travesía dos Castros.

O Concello de Vilalba xa ten listo o proxecto para humanizar a Travesía dos Castros e as obras comezarán a curto prazo, co obxectivo de darlle prioridade aos peóns sobre os vehículos, gañar espazo público para a veciñanza e mellorar a imaxe da zona, que na actualidade atópase moi degradada.

En concreto, a actuación realizarase na Travesía dos Castros dende o seu cruce coa rúa do Calvario ata o cruce coa avenida da Terra Chá, unha zona céntrica con forte presenza de vehículos e pouco espazo para os peóns.

A actuación para mellorar o entorno inclúe ademais a renovación do alumeado público con tecnoloxía LED, a instalación de mobiliario urbano e un incremento das zonas arboladas e verdes, hoxe en día inexistentes.

Para priorizar o espazo da travesía para os peóns, o Concello transformará a actual calzada nun espazo de plataforma única, cun ancho de paso para os vehículos de 3,30 metros.

O sentido da circulación manterase dirección Avenida da Terra Cha hacia Rúa Calvario. O orzamento do proxecto ronda os 142.000 euros e conlevará tamén a posta en marcha dunha nova rede de saneamento na Travesía dos Castros.

“Un dos nosos obxectivos é recuperar os espazos públicos para o disfrute veciñal, con actuacións de humanización deste tipo para que sexan os peóns os protagonistas e teñamos un entorno máis habitable”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

Todos os materiais da actuación serán novedosos, cunha calzada en plataforma única con capa de rodadura de cor, zonas coreadas con pintura epoxi para exteriores, un espazo público con solera de formigón armado con acabado de formigón lavado desactivado de grano fino color verde, e xardineiras de formigón con taboleiros de madeira de pino.