A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, participou onte na entrega de diplomas ás persoas participantes no obradoiro de emprego dual no que se impartiron coñecementos en Dixitalización de Arquivos e Obras/Albanelaría.
Todos os alumnos e alumnas participantes remataron con éxito o obradoiro, a pesares das dificultades de ter que paralo durante tres meses polo confinamento. @s participantes de Obras/Albanelaría realizaron como traballo práctico a remodelación do espazo adicado a Arquivo Municipal.
“A formación que recibiron mellora a súa empregabilidade, son persoas que están agora preparadas para incorporarse ao mercado laboral”, asegura a alcadesa de Vilalba.
Mañá comezan as probas de selección do profesorado e o alumnado da edición 2020/21 do obradoiro, co obxectivo de que comece antes de final de ano.