A Xunta de Goberno Local é un órgano colexiado de carácter municipal que está presidido pola Alcaldesa.
A competencia básica da Xunta de Goberno Local é a prestación da asistencia á Alcaldesa no exercicio das súas atribucións, e tamén se pode encargar doutras atribucións que a Alcaldesa e o Pleno lle deleguen, ou aquelas que lle atribúa especificamente a Lei.
As sesións da Xunta de Goberno Local non son públicas, agás as que traten asuntos delegados polo Pleno.
En Vilalba a Xunta de Goberno Local está formada polas seguintes persoas:
- Modesto Renda Santiso
- Eduardo Vidal Baamonde
- Tamara Rodríguez López
- Luis Fernández Álvarez
- Ignacio Criado Montenegro