Hoxe, 7 de maio de 2019, fanse públicos os premios do Certame de Microrrelatos organizado polo Concello de Vilalba, en colaboración con Culturalia GZ, con motivo da celebración do Día do Libro 2019.
O xurado, que estivo formado, por:
– Armando Requeixo, escritor e crítico literario.
– Mercedes Queixas Zas, profesora, escritora e secretaria xeral da AELG.
– Ánxela Gracián, escritora e tradutora.
– Martiño Maseda, poeta e administrador de Culturalia GZ (con voz e sen voto).
– Patricia Teijeiro, concelleira de Educación e Participación Cidadá (con voz e sen voto).
determinou os seguintes premios:
CATEGORÍA INFANTIL:
1º PREMIO para Nerea Villar Ferreiro polo microrrelato A historia da Pravia.
2º PREMIO para África Montenegro Feal polo microrrelato O paraugas máxico.
3º PREMIO para María Otero Díaz polo micorrelato Un ancián feliz.
CATEGORÍA XUVENIL:
1º PREMIO para Mariña Maceiras Segovia polo microrrelato Perspectiva.
2º PREMIO para Nee Barros Fernández polo microrrelato Relax- acción.
3º PREMIO para Sandra Rodríguez Macía polo micorrelato A pantasma.
CATEGORÍA ADULTOS:
1º PREMIO para Patricia Torrado Queiruga polo microrrelato Da estirpe ágrafa.
2º PREMIO para Raquel Fernández Fernández polo microrrelato Silencio.
3º PREMIO para Beatriz López Dorado polo micorrelato Polo recheo ao forno.
Moitos parabéns a todos/as!
A entrega de premios será o venres día 10 de maio de 2019 ás 20: 00 horas na Casa da Cultura de Vilalba.