É unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que limita com Distriz, Gondaisque, Boizán, Alba, e Soaxe. Dista 10 quilómetros da capital da Terra Chá.
En 2018 conta con 327 habitantes (166 mulleres e 161 homes)
Esta parroquia ten unha superficie de 2.667 hectáreas que están divididas nos barrios de Belesar: Aldea, A Atadoira, Baltar, Os Barreiros, Cabanamille, A Cabanela, Caivanca, O Camiño Real, Campello, Cascudo, O Cordal, A Crucitaria, A Currela, O Espiño, A Ferreiroa, A Folgada, O Fontao, As Forcadas, Lagares, Len, Meire, Montaña, O Outeiro, Pedrapicada, A Penadanta, Penarredonda, Pereira, Perrodríguez, A Picheira, Reboutas, A Reibocha, A Riba, A Ribeira, Sande, Santoro, Vilanova e Vilasilvestre.
O territorio da parroquia está atravesado polos ríos Labrada e Sivela que se unen na Ponte de Pazos, e o de Ferreiroa. Forman vales abruptos e entre eles zonas de montes toxais, uceiras e xestas, con escaso arborado.
A Igrexa de San Martiño, situada no barrio de Outerio ten os seus orixes no século IX, aínda que foi reformado posteriormente. O patrón é San Martiño de Tours.
No barrio do Monte debido a distancia que tiña ata a igrexia hai unha capela adicado o Santo Anxo da Garda fundada en torno ó século XVIII
Como en moitas das parroquias do entorno hai unha escolahabanera construída no 1935, local social hoxe en día, ademais dun C.E.I.P. inaugurado en 1985 onde acudian os rapaces das parroquias limítrofes, actualmente pechado.
Sobre o río Labrada ten as pontes de Meire, Pazos, Gondeboi, Das Baionas e Ponte Pedrouzos.
Pazo de Meire, propiedade privada non visitable en Belesar, hogano adicado á cría de cabalos españois data do século XVII e conta con capela, cruceiro e dous escudos
San Anxo, na capela do seu mesmo nome, a última fin de semana de setembro.
San Martiño, ao redor do 11 de novembro.
As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación