O VICEALCALDE MODESTO RENDA ANUNCIA EN OLEIROS QUE O CONCELLO REXENERARÁ O VIAL QUE UNE O ABELEDO E O CAL DA PENA

O Vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, anunciou en Oleiros que o Concello rexenerará por completo o vial que une Agadín, o Abeledo e o Cal da Pena por valor de 22.000€.

Na concorrida xuntanza, que se prolongou por máis de tres horas , analizaronse todas as necesidades da parroquia e o Vicealcalde fixou, de común acordo cos veciños/as, a rexeneración do vial do Campovello e o acceso ó Salgueiro como as seguintes prioridades.

Renda agradeceu a grande afluencia de xente á reunión e comprometeu, tamén, a adecuación de varias vías de uso principalmente agrogandeiro para a presente lexislatura.