MODESTO RENDA ANUNCIA EN ROMÁN QUE O CONCELLO REXENERARÁ POR COMPLETO O VIAL DE ACCESO A SEIVANE

O Concello rexenerará ao completo o vial de acceso o barrio de Seivane. O Vicealcalde Modesto Renda anuncioullo á veciñanza de Román, a través dunha concorrida xuntanza na que se tomou boa nota de todo tipo de demandas da parroquia.

Ademais o Vicealcalde avanzou que o Concello ten previsto actuar tamén nun degradado acceso a unha explotación agrícola no barrio da Carboeira e fixou de común acordo cos veciños a rexeneración do acceso ao Foxo como seguinte prioridade.

Renda, que agradeceu a grande afluencia de xente á reunión, lembrou a necesidade de investimentos que teñen as parroquias, pois, a mellora da rede viaria é unha cuestión central para os veciños/as.