A Concelleira de Cultura, Mónica González, e o Vicealcalde, Modesto Renda, anunciaron hoxe a publicación das bases do 51 Premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba.
O galardón está dotado con 7.000 euros e a publicación íntegra da obra gañadora, xunto a unha flor natural e un diploma, e o prazo de inscricións do 28 de Febreiro ao 31 de Maio.
Poderán participar neste concurso todos os autores e autoras que o desexen, sempre que presenten as obras en lingua galega. Os poemas serán orixinais e inéditos, non premiados noutros concursos en datas anteriores ao fallo do xurado.
O Concello de Vilalba defende o impulso á produción cultural como unha das súas prioridades, apostando ademais pola creación poética en lingua galega, un obxectivo que queda reflexado neste concurso que chega a súa 51 edición.
O seu prestixio está vencellado a nomes tan recoñecidos da literatura galega como Helena Villar Janeiro, Darío Xohán Cabana, Xavier Alcalá ou Yolanda Castaño, que forman parte do elenco de gañadores dende a súa creación no ano 1975.
Consulta aquí as bases: