O CONCELLO REXENERA POR COMPLETO O VIAL DE ACCESO A CARTEMIL, QUE UNE RIOAVESO E ROMAN

O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe o remate dos traballos de rexeneración completa da estrada que lle dá acceso ao barrio de Cartemil.

O vial, que comunica as parroquias de Rioaveso e Román, foi totalmente renovado dende o seu inicio na LU-120 en dirección norte, ata o seu remate na estrada de acceso á igrexa e ao CEIP Terra Chá.

Tal e como explicou Renda, esta nova obra de mellora era unha das máis agardadas por parte da veciñanza ámbalas dúas parroquias e o custo total que tivo a actuación foi de 28.500€.