A cita, organizada pola asociación de mulleres rurais de San Bartolomeu de Insua, celébrase este sábado, 26 de outubro
A Asociación de Mulleres Rurais de Insua, presentou na tarde de hoxe o programa da décimo sexta edición da Tasca do Liño na Casa do Concello, institución que colabora coa xa tradicional cita da parroquia vilalbesa de San Bartolomeu de Insua.
O CONCELLO DE VILALBA COLABORA COA DÉCIMO SEXTA EDICIÓN DA TRADICIONAL TASCA DO LIÑO DE INSUA
— A cita, organizada pola asociación de mulleres rurais de San Bartolomeu de Insua, celébrase este sábado, 26 de outubro
Vilalba, 22 de outubro de 2024. A Asociación de Mulleres Rurais de Insua, presentou na tarde de hoxe o programa da décimo sexta edición da Tasca do Liño na Casa do Concello de Vilalba, institución que colabora coa xa tradicional cita da parroquia vilalbesa de San Bartolomeu de Insua.
Unha presentación na que, ademais da presidenta da asociación de mulleres rurais, Lourdes Otero, tamén estiveron presentes a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e a concelleira de Turismo, María Xosé Fernández.
O evento dará comezo ás 11 horas do vindeiro sábado, 26 de outubro, e tan só quince minutos despois darase lectura ao pregón inaugural, a cargo nesta edición de Marisa Barreiro, presidenta do Instituto de Estudos Chairegos.
Posteriormente, o programa completarase cunha ampla variedade de actividades, entre as que, por suposto, estará a demostración dos traballos da tasca do liño, que se fará ás 12.00 e ás 17.30 horas. Ademais, os asistentes tamén poderán coñecer o traballo do zoqueiro chairego, Álvaro Pin, e de Tony e Lauren, os propietarios de New Horizons, unha granxa de alpacas localizada en Lanzós.
“O programa ofrece unha diversidade de actividades moi enriquecedoras, entre as que se combinan os oficios tradicionais e proxectos innovadoras que veñen de aterrar no noso concello”, salientou a alcaldesa, Marta Rouco, que quixo “felicitar á asociación de mulleres rurais de Insua polo seu magnífico traballo na difusión dun oficio tradicional como o do liño, que forma parte da nosa historia como mulleres e como vilalbesas”.
Por suposto, a cita tamén contará cunha comida popular que comezará a partir das 14.00 horas e cuxo menú estará composto por callos con garavanzos, codillo, pan, bebidas, sobremesa e café; e que dará paso ás actividades da tarde.
A partir das 16.30 horas haberá actuacións musicais a cargo do grupo tradicional Mestura de Nete, os Festicultores, degustación do “cacho” e o conxuro da queimada que pechará a cita ás 20.00 horas coa actuación do Meigo do Lume.
Ao longo de todo este día os presentes tamén poderán degustar filloas de Muimenta, visitar os postos de artesáns e artesanía en vivo, acudir á exposición de cestería do CENTRAD da Deputación de Lugo e gozar vendo os obradoiros en directo de gyotaku e coiro.
Saúdos, Comunicación Concello de Vilalba
comunciacion@vilalba.es