O Vicealcalde e responsable de mobilidade Modesto Renda anunciou hoxe a instalación de 13 bolardos e o reforzo da sinalización horizontal en varias rúas do centro urbano, co obxectivo último de facilitar a entrada e a saída de garaxes e cruces con pouca visibilidade.
Unha nova actuación, que lle dá continuidade á efectuada no pasado mes de xuño e que, tal como explicou o propio Renda, busca “dar unha resposta ás moitas solicitudes veciñais dos últimos meses e mellorar a seguridade viaria nas saídas máis complexas”.
Así, dende o Concello actuose nas:
Rúa Benxamín Paz
Rúa da Emigración
Rúa da Feira
Rúa Foz
Rúa Domingo Goás
Rúa Conde Pallares
Rúa das Pedreiras
Rúa Campo de Puente
Rúa de Begonte
O conxunto desta nova actuación fíxose en colaboración cos axentes da Policía Local e a Área de Mobilidade seguirá recollendo as demandas da veciñanza con vistas a aumentar ou ben modificar o que fora necesario.