OS NENOS E NENAS GOZAN DOS DÍAS INFANTÍS DAS FESTAS PATRONAIS NA PRAZA DA CONSTITUCIÓN

O evento, organizado pola Concellería de Infancia e Xuventude en colaboración coa Alcaldía, conta co patrocinio íntegro do Grupo Entrepinares

A Praza da Constitución encheuse no día de onte de inchables e actividades para nenos e nenas con motivo da celebración do primeiro día infantil das festas patronais, patrocinado por Grupo Entrepinares e organizado pola Concellería de Infancia e Xuventude en colaboración coa Alcaldía.

Dende as 11.30 comezaron a chegar os mozos e mozas máis puntuais á Praza da Constitución, onde se atopaban colocados sete inchables para diferentes idades, un Shotter Gallery, un toro mecánico, un simulador de surf, unha Nerf Battle Arena e un fotomatón con plataforma 360 para que todos levasen consigo un recordo da xornada.

“Durante a mañá achegáronse centos de nenos e nenas acompañados polas súas familias para gozar deste día completamente pensado para eles” sinalou a concelleira de Infancia e Xuventude, que se achegou ata a Praza da Constitución acompañada pola alcaldesa, Marta Rouco.

Pola tarde, ás actividades lúdicas (que comezaron ás 16:00) sumáronse o reparto gratuíto dunha merenda composta por auga, proporcionada por Mercadona, e un snacking de queixo do Grupo Entrepinares para todos os nenos e nenas que se achegaron a celebrar o día infantil ata as 20.00, hora á que finalizou a xornada.

Durante o día de hoxe aínda quedará tempo de gozar de máis actividades infantís, aínda que modificadas respecto á planificación inicial por mor das temperaturas previstas para a xornada de hoxe. Así pois, o Concello decidiu mudar os inchables acuáticos por inchables tradicionais para diversas idades, repetíndose a presenza da Shotter Gallery, a Nerf Battle Arena e o fotomatón con plataforma 360º e sumándose outras atraccións como unha pista americana.

“O que se manterá será a festa da espuma, que se celebrará ao final do día e será o peche das xornadas infantís”, explicou a alcaldesa, Marta Rouco, que aproveitou para “convidar a todas as familias a gozar destas actividades totalmente gratuítas para celebrar as nosas festas tamén cos máis pequenos como protagonistas”