O 75% das incidencias comunicadas a través da aplicación móbil foron solucionadas, sendo “Alumeado Público” a tipoloxía máis comunicada
O Concello vén de manifestar a súa gratitude pola gran implicación cidadá que lle permite ao goberno local seguir empregando o sevizo Línea Verde como canle de comunicación cos veciños e veciñas.
Dende a posta en funcionamento do servizo, a participación cidadá expermientou un crecemento exponencial, demostrando a eficaz resposta por parte do goberno local na resolución de incidencias comunicadas polos veciños e veciñas.
A día de hoxe o 75% das incidencias recibidos foron xa solucionadas, sendo o tipo de problemática máis frecuente aquelas que fan referencia a “Alumeado Público” (58%). Pola súa banda, a seguinte categoría é a de “Beirarrúas e Estradas” (13%), “Basura” (5%), “Parques e Xardíns” (3%), “Limpeza” (3%) e “Sinalización e Semáforos” (3%).
Deste xeito, grazas á implicación directa da cidadanía, “poidemos levar a cabo actuacións rápidas e ter coñecemento de certas necesidades e problemáticas das que previamente non tiña constancia”, sinala o concelleiro de Servizos Municipais, Eduardo Vidal.
Para poder empregar este novo servizo é necesario proceder á descarga da aplicación Línea Verde. Para elo, o usuario accede a Google Play ou APP Store e unha vez localizada a aplicación, lévase a cabo a descarga de forma totalmente gratuíta. A partir dese momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia e xa pode establecer contacto directo co Concello.
Para comunicar un dano, basta con picar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un despregable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece en pantalla. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se sitúa o dano.
O seguinte paso é anexar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do dano comunicado. A partir deste intre, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. O cidadán á súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.
Ademais, a través de Línea Verde, o usuario tamén pode expor calquera consulta ambiental. Basta con seleccionar a opción de “Fai a túa consulta” e nun prazo máximo de 24 horas terá resposta por parte dun equipo de expertos na materia de forma completamente gratuíta.