A ALCALDESA VISITA A JESÚS PERNAS PARA FELICITALO POLO SEU 102 ANIVERSARIO

Máis coñecido como o Zapateiro de Goiriz, Jesús cumpre mañá, 13 de xullo, 102 anos 

A alcaldesa, Marta Rouco, visitou na tarde de hoxe a Jesús Pernas, o Zapateiro de Goiriz, para felicítalo polos 102 anos que cumprirá mañá, 13 de xullo, e celebrará coa súa familia.

Xunto a alcaldesa, tamén a concelleira Paula Vigo se achegou ata Goiriz para ámbalas dúas transmitirlle a súa admiración e felicitacións a Jesús Pernas, quen xa acumula experiencia no club dos centenarios e se converte así no único home vilalbés que supera a centuria.

Ademais, a rexedora e a concelleira agasallaron Jesús do Zapateiro cun ramo de flores en forma de homenaxe. “É un auténtico pracer visitalo e ver a súa cara de felicidade, sempre está contento” asegurou a alcaldesa, Marta Rouco, que aproveitou para compartir un agradábel momento con Jesús e a súa familia.