O CONCELLO SÚMASE Á CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA O USO INDEBIDO E O TRÁFICO ILÍCITO DE DROGAS

Hoxe, 26 de xuño, celébrase o Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas e dende o Concello sumámonos á súa conmemoración a través da campaña Panos Brancos. Unha campaña que neste ano 2024 busca crear conciencia sobre un problema que nos afecta a todos e ante o que debemos reaccionar política e socialmente.

Ademais, as Nacións Unidas insisten na necesidade de apostar pola prevención baseada na ciencia como estratexia fundamental para a saúde e o benestar da comunidade. Nesa liña, a Organización das Nacións Unidas propón como medida concreta a prevención para desnormalizar o consumo e promover estilos de lecer que non teñan como actividade principal a inxesta masiva de alcol e outras drogas. Un traballo que debemos ealizar xuntos e de forma intensa. Persoas, familias, profesionais, entidades e administracións.

Un manifesto completo desenvolto a través da campaña Panos Brancos que podes consultar nesta mesma entrada da nosa web: